Iván Blanco Oro é un mozo lalinense de 27 anos que padece hemiplexia e para contibuír á cura desta patoloxía hai á venta viño solidario // Aranes celebra o seu mercadillo de Nadal
Laura Moure/IsmaelRS/Deza
A Asociación de Rapaces e Amigos con Necesidades Especiais (Aranes) da comarca de Deza acolle esta semana en Lalín o seu mercadillo solidario de Nadal. Arrancou o luns, día 12, e os interesados poden achegarse ata o luns, día 18, xa que tal e como nos informou hoxe Aranes amplían os días de mercadillo.

O mercadillo aglutina gran varidade de cousas que se poden convertir no agasallo perfecto destas datas: roupa, calzado, bisutería, libros, xoguetes,... Este está na Rúa Joaquín Loriga, número 21, baixo en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Sen embargo, mañá, venres, só estarán de tarde e o domingo e o luns, de mañá.
Nós onte acercámonos ata alí para recoller o viño solidario que axudará a un dos usuarios de Aranes: Iván Blanco Oro. El é un mozo lalinense de 27 anos que padece hemiplexia e todo o recaudado coa venta desta bebida irá destinado á investigación desta patoloxía ultra rara. Os interesados poden saber máis da súa historia así como da importancia de mercar este viño nos seguintes enlaces:
Tamén queremos mencionar que a directiva de Aranes mudou recentemente. Toda a información desta na ligazón:
コメント