Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Veciños da parroquia silledense de Breixa denuncian a instalación dunha macrogranxa de 2.000 porcos

Aseguran que lles "están afectando gravemente á súa calidade de vida polo constante ruído e forte cheiro que teñen que aturar desde que entrou en funcionamento"


Ecos da Comarca/Silleda

Ecoloxistas en Acción recolle as denuncias de veciñanza da parroquia silledense de Breixa afectada pola instalación dunha macrogranxa de 2.000 porcos ao carón das súas casas. "Dita instalación non só contou coa autorización da Xunta de Galicia senón que ademais Medio Rural concedeulle unha subvención de máis de cen mil euros. A macrogranxa, propiedade de Fertaporc S.C., non consta no rexistro de empresas contaminantes a pesar de estar obrigada pola súa dimensión". A veciñanza do lugar de Breixa denuncia que a macrogranxa está afectando gravemente á súa calidade de vida polo constante ruído e forte cheiro que teñen que aturar desde que entrou en funcionamento.

Fonte: Ecoloxistas en Acción

A organización ecoloxista sinala que coa proliferación das macrogranxas ademais dun grave impacto ambiental se está baleirando aínda máis o rural. A gandeiría industrial intensiva, con procesos altamente automatizados, apenas crea emprego, mentres que destrúe postos de traballo da gandeiría tradicional en extensivo ao facer competencia desleal, xa que as macrogranxas non se fan cargo do pasivo ambiental. O ano pasado realizouse un estudio que confirmaba que perdían poboación na maioría de concellos nos que se instalan macrogranxas.

Ecoloxistas en Acción demanda á Xunta que teña presente o desastre ambiental que está a sufrir a baixa Limia pola incesante concesión de autorizacións de macrogranxas sen planificación nin control da capacidade da comarca para aturar os vertidos desta industría tan contaminante. Alertan que se non se "declara unha moratoria inmediata para frear a proliferación das macrogranxas, comarcas rurais como o Deza poden rematar noutro desastre ambiental igual que na Limia".


Pola súa parte, a Xunta de Galicia asegura que esta instalación cumpre con toda a normativa.


1704 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE