Ecoloxistas en Acción interpón unha nova denuncia polos vertidos procedentes da mina de Touro
- ecosdacomarca
- 2 jul 2024
- 1 Min. de lectura
Denuncian que o continuo "desleixo da Xunta para a restauración das augas na contorna da mina estaba motivado pola intención de reimpulsar a explotación mineira"
Ecos da Comarca/Touro

Ecoloxistas en Acción interpón unha nova denuncia polos vertidos procedentes da mina de Touro. "Cando en 2020 se denegou o proxecto da mina de Touro o partido do goberno cos seus conselleiros á cabeza alegráronse moito de anunciar que “tal e como estaba redactado non se garantizaba a sostenibilidade ambiental” e contaba con informes "desfavorables" e "insalvables" de Patrimonio Natural e de Augas de Galicia, afirmando tamén que o proxecto mineiro tería unha afección grave á "calidade das aguas" dos municipios de O Pino e Touro, ao tempo que "si hai un desastre" non se garantiza a protección dunha zona de especial conservación (ZEC), explicaba á Conselleria de Medio Ambiente".
Publicidade
Pero, a pesar, sinala, "de que o propio conselleiro de Economía, Emprego e Industria, daquela Francisco Conde, compareceu ao mesmo tempo na sede parlamentar para comprometerse a esixir, á titular dos terreos da mina, un plan de restauración das augas".
Publicidade
"As intencións non se cumpriron, Ecoloxistas en Acción ten denunciado estes anos en reiteradas ocasións que nunca se acometeu o proxecto integral de drenaxe das augas ácedas de mina. Os ríos saen do entorno da mina seguen nun estado lamentable de contaminación e turbidez e así o demostra a nova denuncia interposta hoxe por Ecoloxistas en Acción", recalca a asociación.
Kommentare