top of page

Ecoloxistas en Acción e a Plataforma Mina Touro O Pino Non impugnan a tramitación da mina de Touro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Fanno ante "o incumprimento do proceso de información pública da documentación no Concello de O Pino"


Ecos da Comarca/Comarca de Arzúa

Ecoloxistas en Acción xunto coa Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino Non impugnan a tramitación da mina de Touro. Fanno ante "o incumprimento do  proceso de información pública da documentación no Concello de O Pino".

Pancarta colocada na localidade de Touro.
Pancarta colocada na localidade de Touro.

Sinalan que os concellos afectados pola proxecto da mina Cobre San Rafael teñan a obriga de poñer nas súas dependencias a documentación do proxecto a disposición das persoas interesadas, podendo ser en papel ou facilitar o acceso electrónico, en cumplimento da Lei 21/2013 de 9 de diciembre de avaliación ambiental e a Lei 19/2013, de 9 de decembro de transparencia e acceso á información pública e bon goberno.


Ecoloxistas en Acción e a Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino Non denuncian que o pasado venres 31 remataba o período de presentación de alegacións e comprobouse "que o Concello de O Pino non atendeu a ningunha das solicitudes de información de varias persoas que intentaron consultar o proxecto na sede do Concello de O Pino, ao non dispoñer de equipos informáticos propios nos que poder comprobar a información".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Aseguran "que o propio personal do Concello confirmoulles que non teñen o proxecto en papel nin posibilidade de acceso electrónico, que se queren consultar o proxecto terán que ir ata Coruña ou á sede da Xunta en Santiago. Isabel García, voceira de Ecoloxistas en Acción e membro da Plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non comunica que, ademais de rexistrar unha reclamación no concello de O Pino, trasladaron estes feitos á Consellería de Economía e Industría por considerar que non se pode informar favorablemente o proceso de información pública neste concello e en consecuencia se tería que habilitar un novo prazo de exposición pública do proxecto adoptando as medidas oportunas para que se cumpra a lei.


O Concello de O Pino ten a obriga de remitir un ao órgano tramitador do proxecto un certificado da exposición pública no que faga constar o lugar e período no que estivo exposta a documentación ambiental, polo que Ecoloxistas en Acción solicitou á Secretaria municipal de O Pino que recolla o incumplimiento do trámite de exposición pública a efectos da emisión do correspondente certificado. 


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ecoloxistas en Acción e a Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino Non entenden que os feitos "son suficientemente graves como para que se impugne o procedemento de exposición pública do proxecto de Cobre San Rafael de ampliación e reapertura da mina de Touro e O Pino".



0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page