top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Ecoloxistas e Ulloa Viva pídenlle a Narbona que non se financie con cartos públicos "un proxecto nocivo coma Altri"

Reuníronse no Congreso coa presidenta da Comisión de Transición Ecolóxica para informarlle "sobre os graves impactos ambientais que causaría a macrocelulosa na Ulloa"


Ecos da Comarca/A Ulloa

Representantes da plataforma Ulloa Viva, xunto con membros de Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace, reuníronse no Congreso con Cristina Narbona, presidenta da Comisión de Transición Ecolóxica, para informarlle sobre os graves impactos ambientais que causaría a instalación dunha macro fábrica de celulosa na comarca da Ulloa. Informaron neste encontro a Narbona do “nocivo” deste proxecto e pediron o seu apoio para que non se financie con cartos públicos.

Lembraron que a empresa da man da Xunta de Galicia quere financiar o 25% do proxecto

con cartos públicos, do PERTE da descarbonización. “Piden 250 millóns de euros dos cartos de todos para unha industria contaminante, e queren ademais uns fondos que son precisamente para todo o contrario, con condicións claras na súa regulación de apostar por non danar o territorio, a economía circular, a protección da biodiversidade e da saúde”.


A modo de exemplo sinalaron a Narbona que Altri non inclúe no seu EIA a súa pegada de carbono, pero o propio CEO da empresa recoñeceu que serán máis de 100.000 toneladas de CO2 ao ano.


Plataforma Ulloa Viva

Pola Plataforma Ulloa Viva, asistiron a este encontro con Cristina Narbona a presidenta, Marta Gontá, e Adrián Gallero. A Plataforma trasladoulle á presidenta da Comisión de Transición Ecolóxica un completo dossier cos incumprimentos que o proxecto de Altri en

Palas de Rei fai tanto da normativa galega e estatal coma de ata sete Directivas Comunitarias. Tamén lle deixaron claro a Narbona os motivos polos que a veciñanza das

comarcas da Ulloa, Deza, Terra de Melide e Arzúa se opoñen a esta macrocelulosa no

corazón de Galicia, ademais da oposición dos concellos que se abastecen do río Ulla ata a

Ría de Arousa, onde tamén a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa ten advertido que de levarse adiante este proxecto suporía o fin do marisqueo na zona e poría en perigo 19.000 empregos.


Publicidade

Marta Gontá detallou a Narbona os datos oficiais publicados por Altri Greenalia no Diario

Oficial de Galicia o pasado 4 de marzo, o proxecto real que a Xunta de Galicia está a

tramitar. Nese proxecto Altri pide unha captación de 46 millóns de litros de auga diarios do

embalse de Portodemouros para 75 anos, únha barbaridade nun escenario de cambio climático coma o actual. Os voceiros de Ulloa Viva agradeceron o interese e a disponibilidade, tanto de Narbona coma da voceira de Agricultura do PSOE, Patricia Otero,

que tamén asistiu ao encontro.


Según a páxina 18 do documento “identificación de los focos de emisión contaminantes

atmosféricos” do Estudo de Impacto Ambiental (EIA) Greenfiber (ALTRI- GREENALIA) esta

fábrica pretende que se conceda permiso para botar 60 toneladas o día de sulfatos ao río

Ulla do cal beben arredor de 140.000 persoas (11 concellos) e acaba na ría de Arousa,

onde a contaminación da macrocelulosa na ría porá en risco 19.000 postos de traballo e o

70% da produción de mexilón galego.


Publicidade

Na páxina 117 do documento “Autorización Ambiental Integrada (AAI) para la implantación

de una industria de fibras textil” do EIA (ALTRI-GREENALIA) esta fábrica pretende que se

conceda permiso para botar a atmosfera 8.754 kg de gases contaminantes ao día, eses

gases son entre outros óxidos nitrosos e óxidos sulfurosos, que provocan chuvia ácida e

enfermidades relacionadas co sistema respiratorio. Ademais a empresa recoñece que

verterá 60 toneladas de sulfatos na auga ao día.


A totalidade das 366 hectáreas nas que Altri-Greenalia quere instalar o complexo industrial

pertencen a unha zona contemplada para ampliación da Rede Natura 2000 (Directiva

92/43/CEE) nas propostas que a propia Xunta de Galicia someteu a información pública en

2008 e 2011, seguindo requirimento da Comisión Europea polo seu incalculable valor

natural.


Publicidade

A zona elixida para ubicar a factoría é un dos hábitats máis interesantes e raros de Galicia

xa que se empraza directamente sobre afloramentos de rochas serpentiníticas. Trátase de

materiais pouco frecuentes que se orixinan por alteración de rochas ultramáficas (ricas en

minerais moi ricos en Fe e Mg). Esta especial orixe das serpentinitas é unha das causas da

súa escasa presenza a nivel mundial. Así, do total da superficie terrestre, as áreas serpentinizadas ocupan menos do 1%. A implantación desta fábrica e as súas infraestruturas asociadas ignora totalmente a Estratexia da UE para a protección do solo

para 2030 (UE, 2021), que indica que os Estados membros deben mellorar a xestión do uso do solo para permitir a súa conservación xa que é vital para a nosa supervivencia.


O maior interese radica en catro especies endémicas, que en todo o mundo só se encontran nestes afloramento serpentiníticos do centro de Galicia. Tres delas están moi localizadas e en declive pola destrución do hábitat, polo que están catalogadas “En perigo de extinción” mesmo pola Xunta de Galicia (Decreto 88/2007): Armeria merinoi, Leucanthemum gallaecicum e Santolina melidensis. Estas especies están catalogadas coma ameazadas tamén na Lista Roja de la Flora Vascular de España (Moreno, 2011). Todo esto vén de ser denunciado nun manifesto contra o proxecto de Altri aprobado pola Facultade de Bioloxía da USC esta mesma semana.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page