E ti viches o fenómeno atmosférico pouco frecuente desta madrugada?
- ecosdacomarca
- 19 may 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral

O 112 Galicia rexistrou múltiples chamadas por un fenómeno atmosférico pouco frecuente esta madrugada. En concreto, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias contabilizou avisos deste suceso desde O Porriño, Vigo, Redondela, Pontevedra, O Saviñao, Oleiros, Beariz, Nigrán, As Neves, Taboada e A Rúa. Todos eles entre as 0:50 e a 1:15 horas desta madrugada.
Publicidade
A maioría dos alertadores coincidiron no seu relato, explicando que se tratou dunha gran bóla incandescente en movemento que iluminou o ceo de cor verdosa ou avermellada e que finalmente se desfixo en anacos. De feito, moitos deles referíronse ao que acababan de contemplar coma un bólido ou meteorito.
Publicidade
Desde a Axencia Estatal de Meteoroloxía explicaron ao 112 Galicia que se tratou dun fenómeno atmosférico pouco frecuente, moi luminoso e que se desintegrou ao entrar en contacto coa atmosfera.
Comments