top of page

Duro Rally da Coruña para César Garabatos e Santiago Nieto

A parella do Citroën C3 N5 non puido completar a primeira cita da tempada a causa dunha saída de pista no tramo de Cerceda


Ecos da Comarca/Touro

A tempada 2022 non empezou como se esperaba para o equipo formado por César Garabatos, veciño de Touro, e Santigo Nieto. A pesar de que as expectativas eran grandes, unha avaría no turbo no terceiro tramo, atrasaba moito aos do Citroën C3 N5. Tras reparar e marcar un bo crono na segunda pasada por Aranga, todo truncábase tras o paso polas asistencias, na primeira pasada polo tramo de Cerceda. Nunha curva de esquerdas, Garabatos saíase longo, quedando o C3 na cuneta, supoñendo desta forma o abandono na primeira proba do ano, a do Rally da Coruña.

“Quizais corremos de máis cando non tocaba, pero levámonos un garro de auga fría pola mañá, cando o coche comezou a fallar, despois de revisalo desde cero. Toca facer borrón e conta nova, quedarnos co positivo, e tentar seguir mellorando os nosos cronos en vindeiras carreiras”.

A seguinte cita para Garabatos será no Campionato Galego de Rally Mix, na Estrada, a principios do mes de abril. Nesta ocasión estará acompañado por María González, a súa copilota dentro deste certame.


NOTICIA RELACIONADA:




Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page