O ente autonómico asinará entre este mes e o próximo convenios con 20 concellos para este fin
Laura Moure/Xeral
O Consello da Xunta autorizou este luns a sinatura dos convenios de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e os 24 concellos beneficiarios do Plan de investimentos para fortalecer a rede de equipamentos sociais de titularidade municipal destinada ás persoas maiores. Das comarcas figuran Dozón, Toques, Sobrado e Boimorto. A través deste Plan, o Goberno galego pon á disposición dos entes locais 18,5 millóns de euros procedentes de fondos europeos do Mecanismo de recuperación e resiliencia do programa NextGenerationEU.
Prevese que entre este mes e o seguinte se formalicen estes acordos, que permitirán a construción de 12 novas residencias, a reforma ou ampliación doutras seis, a creación de catro novos centros de día, a posta en marcha dun centro social e o impulso dun centro integral con servizos de atención diúrna e residencial.
Publicidade
Os importes concedidos ás administracións locais para sufragar os seus proxectos distribúese ao 50% entre os anos 2024 e 2025. Os concellos serán os encargados de contratar e executar as obras, así como de xestionar os centros. As intervencións financiadas por este Plan de investimentos seleccionáronse de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e en canto á súa localización: 16 están en localidades da provincia de Ourense, tres en municipios da Coruña, outros tres en Pontevedra e dous na provincia lucense.
Publicidade
Esta proposta suporá un impulso histórico na mellora dos servizos para as persoas maiores que viven en concellos pequenos e de carácter rural, xa que se crearán 500 novas prazas públicas residenciais e outras 150 prazas públicas en centros de día.
Publicidade
Así das comarcas figuran:
Concello de Dozón para a construción da residencia e centro de día. O importe do financiamento é de 1.500.000,00 €
Concello de Toques para a construción do centro de día. A cantidade concedida é 283.324,87 €.
Concello de Sobrado dos Monxes para a construción do centro de día. Recibirá da Xunta 348.572,37 €.ç
E o Concello de Boimorto para reforma e ampliacion da residencia municipal. Obterá do ente autonómico 500.000,00 €.
Comments