top of page

Dozón recibirá 90.000 euros do Plan Concellos para amoblar e equipar a Casa Consistorial

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A achega da Deputación, xa aprobada pola Xunta de Goberno, permitirá complementar a rehabilitación do inmoble, financiada ao abeiro do Plan ReacPon


Laura Moure/Dozón

A Xunta de Goberno da Deputación ven de dar luz verde a unha nova achega do Plan Concellos por 89.901 euros para o Concello de Dozón, que se destinará aos traballos de amoblamento e equipamento da Casa Consistorial. Estes traballos complementan a rehabilitación do edificio, que se está a levar a cabo tamén con financiamento provincial a través do Plan ReacPon, e que unha vez finalizada o deixará en óptimas condicións de utilización. Desta forma a reforma do Concello será financiada integramente pola Deputación.

Esta achega permitirá dotar ao edificio dun mobiliario moderno para as zonas comúns e departamentos, así como do equipamento, imaxe corporativa e aspectos decorativos orientados a potenciar o seu porte institucional. No caso do mobiliario, amais do propio dos postos de traballo, inclúese tamén de apoio e almacenamento. Amais, no salón de plenos colocaranse novas cadeiras de público, acordes co deseño escollido para os despachos de Secretaría e Gabinete de Alcaldía, dándolle continuidade ao novo deseño e creando un punto de contraste co mobiliario institucional existente nesta emblemática estancia. Escolléronse materiais e acabados de primeira calidade para favorecer a durabilidade, así como a resistencia e comodidade para desenvolver o traballo diario.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por outra banda, realizaranse actuacións destinadas ao embelecemento de distintas zonas, Deste xeito, empregaranse espellos no corredor da planta alta, para crear distintos xogos visuais e de luz, e papel vinílico nos despachos, para dar profundidade e calidez aos espazos. Tamén se habilitará un xardín seco baixo a escaleira para poñer en valor este espazo e dar amplitude ao vestíbulo. A imaxe corporativa estará presente en diferentes puntos e estancias e, por outra banda, a Sala de Usos Múltiples, nomeada como “Sala Guntroda”, en homenaxe á fundadora do Mosteiro de San Pedro, en Dozón, levará un panel informativo na parede exterior, cunha breve explicación biográfica.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page