top of page

Dozón recibirá 67.629 euros da Xunta para levar a cabo unha mellora na contorna do Consistorio

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda oriéntase ao desenvolvemento de proxectos de humanización e urbanización


Laura Moure/Dozón

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vén de conceder axudas a oito concellos da provincia de Pontevedra por preto de medio millón de euros para a creación ou mellora de infraestruturas municipais, entre estes a Dozón. Esta liña de subvencións, que esgotou o seu crédito ante o elevado interese dos concellos

galegos tras aprobar 39 axudas por case 2,3 millóns de euros en toda a comunidade, ten

como finalidade a humanización e urbanización das vilas, xa que está orientada a municipios de menos de 20.000 habitantes, para tratar de frear a despoboación potenciando as infraestruturas e servizos e mellorando o benestar e a calidade de vida dos cidadáns.

O Consistorio de Dozón.

En concreto, o Concello de Dozón recibie 67.629 euros para levar a cabo actuacións de mellora na contorna da Casa Consistorial.


Estas actuacións, cuxas axudas cífranse no 70% do custo total do proxecto ata un máximo de 67.760 € por concello, cumprirán coas recomendacións establecidas na Guía das Boas Prácticas en intervencións en espazos públicos elaborada polo Instituto de Estudos do Territorio na liña co Plan Estratéxico da Paisaxe de Galicia, que guiará a acción neste ámbito nos vindeiros catro anos.


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, valorou moi positivamente esta nova remesa de axudas para humanizacións e urbanizacións, “xa que permitirá axudar aos concellos con actuacións que en moitos casos non poden asumir en solitario e seguir dotando de maior confortabilidade e mellor imaxe ás vilas e espazos urbanos ou rurais de carácter residencial”.


Colaboración cos concellos

Esta orde de subvencións, convocada en réxime de concorrencia non competitiva, enmárcase na aposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda por manter liñas de colaboración directa cos concellos co obxectivo de facilitarlles a execución de proxectos en materia urbanística.


Así, os orzamentos autonómicos do presente exercicio teñen reservados máis de 7,4 millóns de euros para iniciativas adicadas tanto á creación ou recuperación de equipamentos municipais como á posta en valor de contornas urbanas a través desta convocatoria para termos de menos de 20.000 habitantes ou do Plan Hurbe, que executou ou ten comprometidas máis de 300 actuacións dende a súa activación no ano 2010.



0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page