Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Dozón programa catro actividades de animación infantil no CEIP Pío Cabanillas dende hoxe ata o 29

Laura Moure/Dozón

O Concello de Dozón vén de programar catro actividades de animación infantil no CEIP Pío Cabanillas desde este venres 24 de setembro ata o vindeiro mércores 29 de setembro. Esta programación, que inclúe desde actuacións de maxia ata espectáculos de contacontos, é completamente gratuíta e está dirixida tanto aos cativos/as como aos pais e nais, ata completar o aforo.

Charlie.

A primeira actividade, prevista para hoxe, venres ás 16:00 horas, titúlase Charlie, o inventor de palabras e é un espectáculo cómico e participativo de 45 minutos de duración, protagonizado por Carlos Sante e dirixido aos rapaces e rapazas de Primaria, "sobre o máxico mundo das palabras descoñecidas”.


Na xornada do martes 28 desenvolveranse dúas novas actividades: ás 14:30 horas, o espectáculo Se as árbores falasen, da compañía Iseo a Moura, e ás 15.30 horas, o obradoiro de maxia Apren-Deimi, a cargo do Mago Deimi e cunha duración de aproximadamente 90 minutos.


Por último, o mércores 29, a partires das 16:00 horas, o CEIP Pío Cabanillas acollerá a última destas actividades de animación infantil, denominada Unha terra Chea. É un espectáculo de contos cantados a cargo da compañía Truque Matruque.

12 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE