top of page

Dozón contará con dous viveiros de empresas

Este concello de Deza recibe da Xunta 240.000 euros para outra nave de 459,94 m2 dividida en dúas partes


Laura Moure/Dozón

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, apoiará a creación de sete viveiros industriais, entre eles outro en Dozón, a través de axudas que suman 1,68 millóns de euros e que alcanzarán un investimento total de 2,3 millóns.

O viveiro xa existente de Dozón.

Tal e como destacou a secretaria xeral de Industria, Paula Uría, estas infraestruturas contribuirán a “favorecer a implantación inicial e consolidación de empresas nos concellos beneficiarios”. Uría, que subliñou que conseguiron a axuda todos os concellos emprendedores que a solicitaron -cinco en total-, explicou que suporán un “apoio importante para novos empresarios durante as primeiras etapas de actividade e para a implantación de empresas”.

En concreto, contruiranse novos viveiros en Cospeito -que tamén recibiu axudas para a mellora do parque empresarial-, Bóveda e Baleira (Lugo), así como na Veiga e no Carballiño (Ourense). Tamén en Val do Dubra (A Coruña) -ao que se lle concedeu ademais apoio na orde de parques empresariais- e Dozón (Pontevedra).

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Dozón contará con 240.000 euros para unha nave de 459,94 m2 dividida en dúas partes, cada unha para acoller unha iniciativa empresarial con oficina, baños e zona industrial. Cabe mencionar que Dozón xa conta con outro viveiro de empresas que xa está todo ocupado.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page