top of page

Dozón aprobou os orzamentos municipais para 2024, que ascenden a 1.967.186 euros

Ecos da Comarca/Dozón

 A Corporación Municipal aprobou no pleno desta semana os orzamentos municipais para 2024, que ascenden a 1.967.186,82 euros "e que se caracterizan polo mantemento dun grande esforzo investidor sen incrementar a presión fiscal sobre a veciñanza, posto que non suben nin os impostos nin as taxas municipais", sinala o Concello.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O alcalde, Adolfo Campos Vázquez, resalta que "nunha conxuntura xeralizada de reducións moi significativas dos orzamentos na maioría dos concellos, Dozón mantén as súas contas nas cifras históricas de 2023", simplemente cun "mínimo axuste técnico" de 32.813,18 euros menos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O rexedor tamén salienta que a elevada cifra de investimentos, cunha partida de 820.000 euros, supón o 47,1% do total do capítulo de gastos e permite que Dozón siga a encabezar o ranking dos concellos da provincia de Pontevedra con maior porcentaxe do orzamento dedicado a investimentos.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais, Dozón tamén se mantén á cabeza do ranking provincial de investimento por habitante, con 806 euros por veciño/a.

Fonte: Concello de Dozón.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page