top of page

Dozón, Agolada e Rodeiro clausuran o obradoiro de emprego da Xunta con alumnos xa empregados

O alumnado levou a cabo un importante traballo de mellora e acondicionamento dos

xardíns e zonas verdes destes tres concellos


Laura Moure/Deza

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou este luns na clausura do obradoiro de emprego dual financiado pola Xunta con máis de medio millón de euros nos concellos de Dozón, Agolada e Rodeiro. Neste obradoiro, que tivo unha duración aproximada dun ano, participaron un total de 20 alumnos e alumnas que se dividiron entre as especialidades de Auxiliar en conservación e mellora de montes e Repoboación forestal e tratamentos silvícolas.

O alumnado aprendeu todo o necesario para levar a cabo estas profesións que contan

cunha gran demanda no mercado laboral. Para elo contaron cun gran equipo de docentes

especializados. Os obradoiros de emprego duais combinan a formación teórica coas

prácticas remuneradas. Estas prácticas levaron aos participantes a realizar obras e

traballos para o seu concello que beneficiaron directamente os seus veciños.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Así, entre outras actuacións, o alumnado traballou na conservación e mantemento de

zonas públicas, áreas recreativas, parques, campos da festa e zonas verdes de

titularidade municipal dos concellos de Agolada e Dozón. Pola súa banda, o concello de

Rodeiro puido acondicionar as zonas verdes da parcela da praza e mellorar a imaxe dos

seus xardíns públicos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os bos resultados obtidos chamaron a atención de varias empresas que se interesaron

polos participantes, tanto é así que varios alumnos rematan o obradoiro de emprego dual

cun contrato laboral. Tamén hai alumnado que decidiu apostar por seguir formándose

nestas áreas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O delegado territorial quixo felicitar ao alumnado polo “bo traballo realizado” e animar a

todos os que aínda non conseguiron un emprego nesta área a “seguir formándose e

buscando a oportunidade que merecen”. Reguera aproveitou para lembrar que este ano vanse levar a cabo máis dunha decena de novos obradoiros nos concellos da Área Territorial de Pontevedra, por un investimento de preto de 7 millóns de euros.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page