Dous varóns detidos como presuntos autores de roubos en casas de Melide, Bergondo Oleiros, Sada, Carballo e Miño
- ecosdacomarca
- 27 may 2024
- 2 Min. de lectura
Estaban afincados en Madrid, desde onde se desprazaban para cometer os ilícitos na provincia de A Coruña
Ecos da Comarca/Melide
O Equipo de Patrimonio da Unidade Orgánica (UOPJ) da Garda Civil da Coruña en colaboración co Posto da Garda Civil de Becerreá, detivo a dous homes como presuntos autores de numerosos delitos de roubo con forza no interior de vivendas habitadas na provincia da Coruña, na fase de explotación da operación Meteorito. A mencionada operación iniciouse tras detectar un incremento no roubo de vivendas habitadas na provincia.

Como froito da análise da información solicitada, os compoñentes da Garda Civil lograron a identificación dun grupo criminal dedicado á devandita actividade delituosa, os cales se desprazaban desde Madrid en vehículos de alugueiro, co obxectivo de dificultar o labor dos investigadores, percorrendo a provincia da Coruña para a comisión dos ilícitos.
Como froito do traballo de campo realizado, os compoñentes do Equipo de Patrimonio constataron que os feitos investigados seguían un patrón común. Os roubos realizábanse a modo de campañas na que o grupo criminal desprazábanse a esta provincia, levando a cabo un número considerable de roubos con forza en vivendas, nun lapso limitado de tempo. Aproveitábanse da ausencia de moradores, destacando o coidado empregado para deixar o menor rastro posible.
Publicidade
Este grupo criminal centraba a súa atención sobre chalés e vivendas unifamiliares situadas en zonas illadas, sendo posible vinculalos directamente a 6 roubos con forza nas localidades de Melide, Bergondo Oleiros, Sada, Carballo e Miño, aínda que a investigación continúa aberta ante a sospeita da súa vinculación con máis ilícitos da mesma índole.
Froito do complexo labor de investigación realizada, os efectivos actuantes pescudaron o envío dun paquete que supostamente contiña roupa e comida, entre as cales ocultaran gran cantidade de xoias, reloxos e outros efectos de valor, procedendo a intervir o mesmo e recuperar os efectos que contiña, provenientes dos 6 domicilios antes mencionados. No transcurso da operación os compoñentes do Equipo de Patrimonio constataron que os detidos pretendían abandonar a provincia de maneira inminente, solicitando a colaboración de Unidades da Comandancia da Garda Civil de Lugo, sendo detido o vehículo en Becerreá pola patrulla de seguridade cidadá do Posto desa localidade.
Publicidade
Unha vez detido o vehículo, procedeuse ao seu rexistro, achando no interior diversos obxectos de gran valor, tamén froito dos roubos realizados, entre os que se atopaban reloxos de alta gama, pendentes e outras xoias de ouro. A Garda Civil detivo a estes dous homes como presuntos autores de 6 delitos de roubo con forza en vivendas e incauto os efectos achados, restituíndo a maioría aos seus lexítimos donos.
Os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de Becerreá, decretando a Autoridade Xudicial o seu ingreso en Centro Penal, sendo posto un deles ao dispor do Xulgado de Instrución Central nº1 ao constarlle en vigor unha Orde Europea de Detención e Entrega dimanante de Romanía por ilícitos da mesma índole.
A Garda Civil da Coruña solicita a colaboración cidadá para a restitución dos obxectos non reclamados polos seus propietarios, quen se poderá poñer en contacto co Equipo de Patrimonio a través do correo electrónico c-cmd-coruna-pj-patrimonio@guardiacivil.org ou través do teléfono 981 167 800 Ext. 1510354 ante a sospeita de que sexan froito doutros roubos non detectados.
Comments