Dous migrantes, expulsados do centro de acollida de Monterroso, dependen da solidariedade veciñal
- ecosdacomarca
- 27 feb
- 1 Min. de lectura
Entrevistamos a un deles, a Djibril
Ecos da Comarca/Monterroso
A semana pasada os 130 refuxiados do centro de acollida de Monterroso sairon á rúa para denunciar "o mal trato" que estaban recibindo por parte da ONG Rescate, que é a entidade que xestiona para o Goberno de España o centro de Monterroso, entre outros. Cando a situación parecía volver á normalidade, este luns, dous dos migrantes, entre eles o que liderou as protestas, foron expulsados do centro. Djibril e Maoudou cando chegaron de Lugo ás 15 horas do seu curso de formación atopáronse coas súas pertenzas en bolsas de lixo ás portas do centro e comunicáronlles que non podían entrar máis.

Este martes contactamos coa ONG pero non obtivemos resposta, mentres o delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco, indicou que a expulsión se "debía ao incumprimento das normas de convivencia". Sen poder acceder ao centro, estes dous refuxiados estanse quedando nun local cedido pola veciñanza de Monterroso, quen ademais lles están axundo con comida e con outras cuestións. Eles agradecen todo o apoio que reciben da xente deste municipio. O martes entrevistamos a Djibril. A entrevista no seguinte vídeo:
Comments