top of page

Dous menores perden a vida nunha colisión entre dous vehículos en Marín

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Dous menores, de 16 e 17 anos, faleceron a pasada noite despois de que batesen dous coches entre o punto quilométrico 1 e 2 da PO-313, en Marín (Pontevedra). Ademais, outras dúas persoas resultaron feridas no sinistro.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente ao fío das 21:30 horas da pasada noite, mediante as chamadas de diversos particulares que alertaban dun grave accidente neste punto. Segundo informaban tratábase dunha colisión frontal entre dous vehículos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Ata o lugar, acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, pouco despois, confirmaban o falecemento de dous menores que ían no mesmo vehículo e, a maiores, o traslado de outras dúas persoas ao centro hospitalario de referencia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Con todo, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia tamén informaron do sinistro aos Bombeiros do Morrazo, aos axentes da Policía Nacional e Local, aos membros de Protección Civil de Cangas e ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) para prestar apoio aos familiares das vítimas.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page