Dous feridos nunha colisión entre un camión e un coche en Melide
- ecosdacomarca

- 11 oct
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Onte, venres, tivo lugar un accidente de tráfico en Melide no que se viron implicados dous vehículos e que se saldou con dúas persoas feridas.

Tal e como informan os Bombeiros de Arzúa, foron mobilizados ás 6:13 horas. Indican que se tratou dunha colisión entre un camión e un coche na N-547 no punto quilométrico 43 en Melide.
Publicidade
Saldouse con dúas persoas feridas, tal e como sinalan os Bombeiros, que engaden que non foi necesario excarcelar a ningunha.







Comentarios