top of page

Dous feridos nunha colisión entre dous coches en Sobrado dos Monxes

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

Esta mañá rexistrouse un accidente entre dous vehículos no municipio de Sobrado dos Monxes que se saldou con dúas persoas feridas. O suceso ocorreu ao redor das 8:30 horas.

Foto de arquivo.

O 112 Galicia foi avisado por Urxencias Sanitarias e na chamada indicaba que unha ambulancia xa se dirixía ao lugar. "Foi unha colisión entre dous turismos na que un deles quedou envorcado. Despois o GES de Curtis informounos que había dúas persoas que estaban liberadas e accesibles e que en principio estaban feridas de cáracter leve", sinala o 112.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O sinistro ocorreu na AC-231, á altura do quilómetro 17, na parroquia de A Porta. Ademais de Urxencias Sanitarias, tamén interviron a Garda Civil de Tráfico, o GES de Curtis e o Servizo de Mantemento de Estradas.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page