top of page

Dous feridos nun accidente entre tres coches en Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Este luns produciuse un accidente no municipio de Lalín. No mesmo, tal e como informa o 112 Galicia, víronse implicados tres vehículos e saldouse con dúas persoas feridas.

Os coches afectados. Autor: Emerxencias Lalín.

O 112 Galicia foi alertado por Urxencias Sanitarias sobre as 12:30 horas. Na chamada indicaba que xa se estaba dirixido ao lugar unha ambulancia e que había dúas persoas feridas, pero que non estaban atrapadas.


O suceso ocorreu na estrada PO-533, á altura do lugar de Rodelas, na parroquia de Maceira, tal e como sinala o 112.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ademais do 061, deuse aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Deza, a Emerxencias Lalín e ao Servizo de Mantemento de Estradas.


Комментарии


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page