top of page

Dolores Rodríguez Blanco de Antas de Ulla sopra as súas 107 candeas!

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Viviu en Francia e dedicou gran parte da súa vida á agricultura


Laura Moure/Antas de Ulla

A veciña de Antas de Ulla Dolores Rodríguez Blanco cumpriu este venres107 anos. Recibiu a visita do alcalde do municipio, Javier Varela, quen lle fixo entrega dun agasallo, así como dos seus familiares e a súa coidadora, que a acompañaron neste día tan especial.

Dolores tivo 11 irmáns, dos que conserva dous; unha filla coa que vive en Outeiro de Amoexa e unha neta. Viviu un ano en Francia e dedicou gran parte da súa vida á agricultura. E de feito, ata os ata os 102 anos aínda facía o queixo coas súas mans! "Está estupenda!", indica o Concello.


Dende ECOS DA COMARCA: "Moitos parabéns!"

Dolores Rodríguez rodeada do alcalde, dos familiares e da coidadora.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page