top of page

"Dobre moral do PP. Fala de regularización da inmigración no Parlamento, mentres en Lalín recoñece inclusións indebidas no padón"

“Queren ser escrupulosos na regularización de inmigrantes no Estado, pero esquecen as súas propias consignas a nivel local", sinala a deputada nacionalista Ariadna Fernández


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG acusa "de dobre moral ao PP falando de regularización da inmigración no Parlamento, mentres o goberno de Lalín recoñece inclusións indebidas no padón municipal". "Mentres poñen atrancos á regularización de inmigrantes en Madrid, en

concellos coma o lalinense, en risco de perder a categoría dos 20.000 habitantes, actúan con laxitude no empadroamento".

foto
A deputada nacionalista Ariadna Fernández.

O Bloque asegura que o goberno do Concello de Lalín ven de tramitar, segundo decreto de Alcaldía, as baixas de varias persoas migrantes por a súa inclusión indebida no Padrón, que “é de competencia municipal exclusivamente, polo que o goberno do PP é o responsable do mal facer” segundo a deputada nacionalista Ariadna Fernández, que o lembrou na súa última intervención.


As diferenzas producíronse no debate da Comisión 5, que se celebrou este pasado xoves no Pazo do Hórreo, onde se trataban asuntos relativos a políticas de emprego para a inmigración, na que se sucederon as cutrifas habituais entre o goberno galego e o do Estado Español. Ariadna Fernández acusou aos populares, autores da iniciativa, de “votan que non en Madrid cando se lles fala de regularizar a inmigración para que estas persoas poidan ter unha oportunidade, pero logo hai casos coma o de Lalín, onde convén que os inmigrantes se empadroen para tratar de non baixar da categoría de 20.000 habitantes e ábrese a man no trámite, irregularidades no padrón municipal que vimos denunciando hai meses sen que a corporación dea explicacións sobre o asunto, nun claro exercicio de falla de transparencia”.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Segundo a deputada o partido do goberno galego “segue a súa folla de ruta habitual, dicindo unha cousa aquí e outra en Madrid sen se avergoñar en absoluto, querendo ser tremendamente escrupulosos na regularización de inmigrantes no estado, pero esquecendo logo as súas propias consignas a nivel local.” O elevado número de

solicitudes de residencia en Lalín, lembra, "puxo sobreaviso ás autoridades hai meses da posible irregularidade no empadroamento, comezando unha investigación na que incluso se deron casos de detencións, mentres os membros da corporación non deron ningún tipo de explicación sobre o problema, nin na localidade nin tampouco en sede parlamentar, máis aínda están a tempo de facelo, se o que verdadeiramente queren é dar imaxe de

responsabilidade e transparencia, que sería o lóxico nun goberno serio,” remata a

deputada nacionalista sobre o tema.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page