top of page

Dobre cita musical hoxe en Arzúa, música na feira e concerto de Nahlax

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo a programación cultural do verán e este xoves, 8 de agosto, trae dúas citas coa música no mesmo día. Haberá música ao longo da mañá e tamén pola noite cun concerto de Nahlax.

Pola mañá, a partir das 11:30 horas, arrincará o programa Música na feira que contará con actuacións de música tradicional itinerante nas feiras de agosto para dinamizar o mercado e as rúas da vila. A actuación deste xoves correrá a cargo do grupo de gaitas local Luar das Augas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pola noite, ás 21:00 horas, chegará á Praza de Galiza o segundo concerto do Ciclo de música na rúa En Aberto. Despois de arrincar esta edición con MJ Pérez o pasado xoves, hoxe será a quenda para a cantante madrileña afincada en Melide, Nahlax. Cantante de amplo rango vocal, que xa foi bautizada como a «Mariah Carey española», caracterízase pola súa doce á vez que potente voz. O show que ofrecerá é unha profunda mestura de R&B, pop e son acústico.


Nahlax actuou en divesos lugares ademais de en Galicia como Alacante, Madrid, Guadalaxara, Alcalá de Henares e Elxe. Da súa traxectoria, cabe destacar a actuación para Adolfo Domínguez, gravar un disco cun produtor de Mónica Naranjo e participar no evento Letras: Femenino y Plural como representante das mulleres compositoras e letristas, acto que compartiu coa xornalista e presentadora Sonsoles Ónega.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Dentro deste mesmo ciclo, o xoves 22 actuará Iria Estévez coa proposta De Amália a Chavela e a última actuación correrá a cargo do grupo Paty Lesta & The Hits o xoves 29 de agosto. Todos os concertos son de entrada libre a gratuíta.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page