top of page
Foto del escritorLaura Moure / IsmaelRS

Doade, vestido de época, xa fixo a súa malla

Esta parroquia lalinense celebrou o sábado a súa XXIV edición


Laura Moure/IsmaelRS/Lalín

Os nosos avós xuntábanse para facer un dos traballos máis importantes do ano: a malla. Todos os veciños se axudaban uns a outros sacarlle o grao ao trigo e centeo (despois de segalo) e facer o pan durante o resto ano. Ademais, neste traballo colectivo non faltaba a última parte: a de facer o palleiro, que antes viamos nas eiras de todas as casas. Hoxe en día, en pleno século XXI, a parroquia lalinense de Doade segue facendo a malla

O lugar da Codeseda celebra cada agosto a súa Festa da Malla Tradicional, coa que a pandemia, tampouco puido e desta maneira, celebrou este sábado a XXIV edición. Ademais, no 2022 conseguiu a distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia. En todas estas edicións, o sol tamén foi o protagonista, pero este ano a choiva tamén estivo moi presente ao longo da mañá, pero a pesar dela, o seu público fiel, chegado de disintos puntos de Galicia, non perdeu a cita.

Así que xa sabedes: Longa Vida á Malla de Doade!!!


Publicidade


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page