top of page

Doade, en Lalín, celebra a súa XXV Festa da Malla Tradicional o 24 de agosto

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O pasado día 2 xa se fixo a sega tradicional do centeo para esta cita


Laura Moure/Lalín

O lugar de Codeseda, na parroquia lalinense de Doade celebrará o 24 de agosto a que será xa a súa XXV Festa da Malla Tradidional. Ademais da demostración da malla, usando distintas ferramentas e de diferentes épocas, haberá artesanía, xantar popular, música... Cabe mencionar que esta cita, organizada polo Museo Etnográfico Casa do Patrón e que este ano cumpre as vodas de prata, xa foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Así arrancará ás 11 horas cunha mostra de artesanía, maquinaria e pintura. A recreación da malla comezará ás 12:00 horas, co carrexo dos mollos e a separación do gran e a palla mediante sistemas como a pedra, a malladoira manual, con males ou con motor. E como todos os anos haberá entrega de premios ás persoas que vaian mellor vestidas de época.


Ás 13:00 horas a charanga Ardores amenizarán a xornada e unha hora despois terá llugar o xantar popular.


Pola tarde, ás 16.30 horas empezará o décimo Serán da Malla, que inclue as actuacións de Amigos do Acordeón Terras de Celanova; Pandereteiras A Xariza de Parada; Banda de Gaitas e Danza O Irixo; O Carballo da Manteiga; Os Dezas de Moneixas; Pandereteirias Ferreñas do Testeiro e Os Trasnos de Doade.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Por último, os Melidaos ofrecerán a partir das 19:00 horas un concerto que poñerá o broche final a esta edición.

A sega do centeo fíxose o pasado día 2. Autor: Casa do Patrón.

Cabe mecionar que o pasado día 2 xa levaron a cabo a sega, atado e carrexo manual dos mollos e feitura da meda para a XXV edición da sega do centeo.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page