top of page

Do 22 de agosto ao 9 de setembro terá lugar a XXIV Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Participarán compañías de Galicia e Cataluña


Laura Moure/Palas de Rei

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; as encargadas do apartado de Produción Ana García Negro, Estrela Blanco Taboada, Xosé Eixo Branco, André Vázquez García, Mercedes Irago García, María Xosé Mourenza García e o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas presentaron este venres no Salón de Plenos do Concello palense a XXIV MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI, TEATRO NO CAMIÑO DE SANTIAGO, organizada pola Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas, Os Lobos, en colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e o Concello de Palas de Rei.

Nesta vixésimo cuarta edición participarán compañías de Galicia e Cataluña.


O programa desta edición queda como segue:

  • MARTES, 22 DE AGOSTO.

GRUPO: OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI, de Palas de Rei.

OBRA: As maletas dos contos viaxeiros.

  • MÉRCORES, 23 AGOSTO.

GRUPO: LILÂ TEATRO.

OBRA: Rara avis.

Esta actuación está subvencionada polas Áreas de Vicepresidencia e Cultura da

DEPUTACIÓN DE LUGO, a través do seu programa CIRCUÍTO DE TEATRO PROFESIONAL 2023.

  • XOVES, 24 AGOSTO.

GRUPO: CURUXÁN TEATRO.

OBRA: Serendipia.

Esta actuación está subvencionada polas Áreas de Vicepresidencia e Cultura da DEPUTACIÓN DE LUGO, a través do seu programa CIRCUÍTO DE TEATRO AFECCIONADO 2023.


  • VENRES, 25 AGOSTO.

GRUPO: GRUPO TEATRAL FARO MIÑO, de Chantada.

OBRA: Ave - Krem.


  • SÁBADO, 26 AGOSTO.

GRUPO: Metátese Teatro.

OBRA: Unha parada obrigada.


Entrega do VI PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL a SEMENTE LUGO – Escola de Ensino Galego.


  • DOMINGO, 27 AGOSTO.

GRUPO: TEATREIRAS (Monforte).

OBRA: Inseguridade social.

Esta actuación está subvencionada polas Áreas de Vicepresidencia e Cultura da

DEPUTACIÓN DE LUGO, a través do seu programa CIRCUÍTO DE TEATRO AFECCIONADO 2023.


  • MARTES, 29 DE AGOSTO.

GRUPO: A carballeira.

AUTOR/-A: Creación colectiva.

OBRA: Mortos de risa.


  • MÉRCORES, 30 DE AGOSTO.

GRUPO: Coles Teatro.

AUTOR/-A: Creación colectiva.

OBRA: Unha voda inesperada.


  • XOVES, 31 DE AGOSTO.

GRUPO: Alentía Teatro.

AUTOR/-A: Creación colectiva.

OBRA: Contos na escada.



  • VENRES, 1 DE SETEMBRO.

GRUPO: Avelino González.

OBRA: Contos de aldea.

HORARIO: 20:30 horas.

LUGAR: O Parladoiro de Arqueixal, Santiago de Albá.


  • SÁBADO, 2 DE SETEMBRO.

GRUPO: XII SON D’ALDEA

OBRA: A despedida.


PREMIOS

Entrega de:

  • XXIII PREMIO MÁCARA: Rubén Riós.

  • XVIII PREMIO CAREÓN: Andrea García Martínez.


  • DOMINGO, 3 DE SETEMBRO.

GRUPO: Teatre del Talión (Lleida).

AUTOR/-A: Pedro Muñoz Seca.

OBRA: La venganza de Don Mendo.


  • VENRES, 8 DE SETEMBRO.

GRUPO: Noite Bohemia.

AUTOR/-A: Eurípides.

OBRA: Medea.


  • SÁBADO, 9 DE SETEMBRO.

GRUPO: Esteta Teatro.

AUTOR: David Vázquez.

OBRA: Escándalo’s club.


HORARIOS

Todas as funcións serán ás 20:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás a do venres 1, de setembro, que terá lugar no PARLADOIRO de ARQUEIXAL, na aldea de Santiago de Albá, ás 20:30 horas; o sábado, 2 de setembro, que se celebrará o roteiro teatral polas corrupias, carreiros, bouzas, soutos... de CURBIÁN e que comezará ás 10:00 horas no campo da festa desta aldea.


O sábado, 2 de setembro, ao longo da xornada de Son d’aldea, entregarase o XVIII Premio Careón á escritora Andrea García Martínez en recoñecemento ao seu labor como escritora, dinamizadora da cultura galega e defensora do mundo rural. Ese mesmo día tamén se fará entrega do XXIII Premio Mácara a Rubén Riós pola súa traxectoria profesional como actor, director e produtor e o seu apoio, vivenciación e defensa da cultura rural.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O sábado, 26 de agosto, ás 20:00 horas, na Casa de Cultura de Palas, entregarase o VI PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL,dotado con 1000 euros e figura ao SEMENTE LUGO – Escola de Ensino Galego. Este premio outórgano as Asociacións Culturais A ORDE DAS DONAS E

CABALEIROS DO PRIORATO DE VILAR DE DONAS, “OS LOBOS”; ALENTÍA

TEATRO E METÁTESE TEATRO. Entre os argumentos empregados polo XURADO

destacan:

1.- O traballo decidido a prol da adquisición, conservación, coidado e consolidación da

lingua galega no alumnado.

2.- Favorecer e crear espazos pedagóxicos que propician:

  •  A educación integral do alumnado.

  • A coeducación.

  • A interacción coa natureza.

  • Integración do contexto no lugar.


Hoxe en día a MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REI-TEATRO NO CAMINO DE SANTIAGO é un referente dentro do panorama de teatro amador galego e nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de trescentas compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Rusia, Portugal, Francia, Venezuela...

METÁTESE TEATRO é integrante de FETEAGAL (Federación Teatral Afeccionada de Galicia) e ESCENAMATEUR e iso posibilita a participación na actualidade de grupos de teatro nacionais e internacionais.


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page