Do 20 ao 29 o CIM palense promove varias iniciativas dentro da campaña contra a violencia de xénero
- Laura Moure
- 15 nov 2022
- 2 Min. de lectura
Teatro, un stand, obradoros e unha andaina ata o castelo de Pambre completa a programación
Laura Moure/ Palas de Rei
Palas de Rei a través do seu Centro de Información á Muller (CIM) lanza unha campaña de sensibilización e loita contra a violencia de xénero que leva por título Palas de Rei dille Non á violencia de xénero. Non máis violencia contra as mulleres. As actividades levaranse a cabo entre o día 20 ata o 29 de novembro nesta localidade.

O domingo, 20 de novembro, ás 18:00 horas, terá lugar na Casa da Cultura, para toda a poboación, a obra de teatro, de Alentía Teatro Sen pés nen cabeza e o martes 29 estará dirixida aoalumnado do Colexio Público de Palas de Rei. Espectáculo que presenta, desde unha perspectiva dinámica, cómica e pedagóxica, diversas historias que invitan á reflexión sobre valores como a igualdade, a cultura da paz, ar especto ao medioambiente, a solidariedade e a integración.
Mentres o venres 25 de novembro, de 10:00 a 14.00 horas, haberá un stand e obradoiros da campaña Agresión off: eu digo non á violencia sexual. Será na Praza da Ulloa, dirixido a todo o público en xeral e o alumnado do IES do Camiño
Sábado, 26 de Novembro ás 11:00 horas terá lugar a IV Andaina contra a Violencia de Xénero de Palas de Rei ao Castelo de Pambre. A saída será desde a Praza do Concello. Repartiranse bragas de polo e paraugas de cor lila ás persoas inscritas á andaina co lema da mesma. "Tras a chegada ao Castelo de Pambre e unha vez rematada a andaina faremos un minuto de silencio por todas as mulleres asesinadas pola violencia de xénero no que vai de ano, coa pancarta da campaña Non máis Violencia contra ás Mulleres", sinalan dende o Concello.
Comments