top of page

Diego Calvo realiza unha visita institucional a Dozón

Ecos da Comarca/Dozón

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial de Pontevedra, Agustín Reguera, realizou este luns unha visita institucional a Dozón para coñecer as necesidades do concello e comprobar o resultado de distintas actuacións enmarcadas no apoio ao eido local.

 

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ademais da Casa do Concello, o percorrido pola localidade incluíu o centro de saúde, onde estivo tamén a xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez, e o velorio.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

En ambas as instalacións realizáronse melloras de eficiencia enerxética para evitar filtracións térmicas e garantir así tanto o aforro de enerxía como a seguridade e o confort do persoal e da veciñanza usuaria.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Nesta liña, Diego Calvo sinalou a importancia de que toda a poboación galega conte cunhas infraestruturas municipais de calidade, con independencia do seu lugar de residencia.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page