top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Deza, presente no 1º Congreso de Economía Social e Solidaria de Galicia

Está convidada a formar parte da mesa inaugural a Fundación Roberto Rivas e as iniciativas Aopaso e Amarelas, S. Coop. Galega


Ecos da Comarca/Deza

Hoxe, xoves 24, e mañá, venres 25 de outubro celébrase en Santiago de Compostela o 1º Congreso de Economía Social e Solidaria de Galicia, organizado por REAS Galicia. Baixo o lema Galicia é ESS, O Museo do Pobo Galego acollerá dous días de parladoiros, debates e mesas de traballo, así como de espazos de intercambio e "nerworking" para a intercooperación entre iniciativas de economía social e solidaria. Desde a comarca de Deza está convidada a formar parte da mesa inaugural a Fundación Roberto Rivas, e as iniciativas Aopaso e Amarelas, S. Coop. Galega participarán activamente na dinamización dos espazos A ESS no tempo: de onde vimos e que estamos a facer e a mesa temática Unha economía que poida responder aos retos civilizatorios: vivenda, alimentación e consumo, territorio e coidados", respectivamente.

REAS Galicia é unha asociación que nace en 2003 co obxectivo de promover unha economía que poña as persoas e o planeta no centro. Actualmente está formada por máis de 30 entidades que desenvolven a súa actividade baixo os principais de equidade, traballo digno, cooperación, sustentabilidade, compromiso coa contorna e reparto xusto da riqueza.


Publicidade


 

As inscricións ao Congreso aínda están abertas, para participar de balde en parte ou en todo o Congreso, que está financiado pola Rede Eusumo.


Publicidade

O programa pode consultarse no seguinte enlace:


0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page