top of page

Deza Circular estrena segundo bloque formativo tamén con asistencia telemática

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Silleda

A segunda edición da Formación en aproveitamentos forestais e acondicionamento de espazos verdes, organizada dentro do programa Deza Circular, que contempla accións

formativas, prácticas en espazos da Rede Natura 2000 do concello de Silleda e accións de orientación e asesoramento cara a inserción laboral, adiará o seu comezo ata este venres día 18, ás 16:00 horas.

Traballos na praia de Cira.

De cara a poder asegurar a participación exitosa de tódalas persoas interesadas na formación, e reducir a carga asociada a desplazamentos e a conciliación de horarios, esta acción formativa, que conta con 200 horas de docencia teórico-práctica impartirá os contidos do certificado de profesionalidade “AGAR 0209 Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais”, nun formato mixto.


Así ademais das sesións presenciais, que supoñen o 30% (pola tarde, 1 día á semana), o 20% do ciclo impartirase de forma online (con titorías grupais/individuais polas tardes). O 50% da formación corresponderá a traballo autónomo na casa cos materiais e exercicios que irán enviando as persoas docentes. Así mesmo, estes últimos tamén ofrecerán apoio persoalizado ao alumnado, de maneira continuada a través de correo electrónico e por

teléfono, para atender as dúbidas e apoiar a axeitada asimilación de contidos. Non é necesaria ningunha formación nin experiencia previa no eido forestal para acceder a esta formación, soamente atoparse en situación de desemprego no momento de comezar o curso. 

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A acción formativa comezará este venres día 18, cunha presentación en formato online e rematará o 16 de xaneiro de 2023. A formación teórico- práctica complementarase con 25 horas de prácticas específicas en espazos protexidos do Concello de Silleda, a través da acción Deza Recupera). As acción prácticas adaptarán os seus horarios ás necesidades do traballo nos espazos naturais e tamén ás condicións meteorolóxicas.


Orzamento de máis de 78.000 euros

O proxecto Deza Circular, cun orzamento de 78.336,20 euros, é un dos poucos da provincia que recibiu o visto bo da Fundación Biodiversidad, a través da liña de axudas do programa EmpleaVerde, e conta co apoio do Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico, e a cofinanciación  do Fondo Social Europeo.

 

Todas as persoas en situación de desemprego que estén interesadas en participar, poden informarse no Concello de Silleda, a través do correo electrónico emprego@silleda.es  ou chamando ao 986 580 000, a través da Concellerías de Medio Ambiente e Emprego, que dirixe Pili Peón.

 

A través deste programa estase tamén a acondicionar a área fluvial de Cira, onde se mellorará todo o entorno favorecendo a rexeración deste espazo natural.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page