top of page

Devolven o acordeón roubado a Bico da Balouta

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Agolada

As redes sociais tamén teñen o seu lado positivo e a implicación de tantísima xente fixo que os amigos do alleo acabasen entregando o acordeón exclusivo do grupo de música tradicional Bico da Balouta. O instrumento foi entregado nun bar ao lado da Asociación Amigos do Acordeón da Coruña.

Cabe mencionar que o instrumento fora roubado o pasado domingo dun coche estacionado na zona da rúa de Doctor Fleming na Coruña. E onte, unha semana despois, Bico da Balouta daba a boa nova tamén a través das redes sociais de que aparecera.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"As persoas que o colleron entregárono porque viron que era imposible vendelo xa que a noticia de que fora roubado estaba difundida a nivel nacional e incluso, por toda Europa. É un instrumento exclusivo cun deseño elaborado por min e feito en Italia, e ademais non ten marca, a súa propia marca é o nome de Bico da Balouta grabado", sinala a Ecos da Comarca Luis Corral, o acordeonista deste grupo e presidente da Asociación Amigos do Acordeón da Coruña.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Corral séntese moi feliz e sobre todo, moi agradecido coa implicación de tanta xente. "As redes sociais adoitan usarse para insultarse uns a outros, pero desta volta, demostráronme que tamén serven para axudar e teñen esa parte positiva. Dende este medio quero agradecer a toda a xente que compartiu a publicación, porque gracias a isto devolvérono!", sinala Corral.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Dende ECOS DA COMARCA tamén queremos agradecer a toda a xente, que fostes moita, a que compartistes a nosa noticia da súa desaparición.


NOTICIA RELACIONADA:



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page