Foron detidas once persoas e investigadas outras nove, expertos en roubar xoias e diñeiro en chalés e vivendas unifamiliares de Aragón, A Rioxa, Castela e León, Cantabria, Asturias e Galicia
Laura Moure/Xeral
A Garda Civil detivo a un grupo criminal especializado en asaltar vivendas en zonas rurais aisladas do norte de España. Tiñan a súa sede en Barcelona, desde onde planificaban os roubos, polo menos 145 labores en chalés e casas unifamiliares de Aragón, A Rioxa, Castela e León, Cantabria, Asturias e Galicia. Os dous principais líderes foron detidos no aeroporto do Prat cando tentaban fuxir do país. A operación “Volcado” da Garda Civil permitiu desarticular esta organización experta no roubo de xoias, diñeiro e obxectos de valor.
Foron incautados e recuperados numerosos efectos substraídos por un valor de 600.000 euros, así como un dispositivo electrónico que usaban para evitar que ladrasen os cans das vivendas, unha pedra de toque con reactivos para comprobar a calidade do ouro e un detector de diamantes. Os autores, residentes en Barcelona, facían longos desprazamentos desde o seu domicilio a poboacións situadas a 300 ou 400 quilómetros de distancia. Cometían tres ou catro asaltos en vivendas cada xornada, desprazábanse entre provincias durante varios días seguidos e regresaban a Barcelona.
Actuaban en horario de tarde ou noite, forzando portas ou xanelas de vivendas e desvalixándoas en poucos minutos. O seu obxectivo principal eran xoias e diñeiro en efectivo, aínda que tamén susbtraían teléfonos, reloxos ou obxectos de valor. Todas estas persoas dividíanse en dous grupos, un operativo e outro de apoio loxístico. Realizaban continuos cambios de vehículos e substitucións entre as persoas que cometían os roubos para evitar ser rastrexados e dificultar os labores de investigación.
Paralelamente ao grupo operativo actuaban outras persoas que achegaban apoio loxístico de forma que permitía que os autores materiais dos roubos ocultarse. Este apoio consistía en proporcionar vehículos, aloxamento ou móbiles para conseguir o maior anonimato posible. A pesar de todos os intentos, os axentes conseguiron trazar unha cronoloxía dos roubos que ían cometendo e descubrir o modus operandi e rol específico de cada un dentro da organización criminal.
En Galicia
En Galicia foron 11 asaltos en A Coruña, localidades de Ames, Brión, Culleredo, Oleiros e Teo; tres en Pontevedra en concreto en Gondomar e Baiona e dous en Outeiro de Rei (Lugo) o que suman 16 en total en Galicia.
Publicidade
Pillados no aeroporto de Barcelona antes de fuxir fóra do país
Tras a investigación realizada polos axentes da Policía Xudicial da Garda Civil descubriuse que os dous principais líderes querían abandonar o país desde o aeroporto do Prat en Barcelona. Ambos foron detidos no momento que ían fuxir con xoias, reloxos e diñeiro en efectivo. Posteriormente, tamén foron rexistrados varios domicilios onde foron detidos o resto de integrantes do grupo e onde se interveu e recuperado numero material roubado.
Publicidade
En total, foron detidas once persoas, e investigadas outras nove, por cometer polo menos 145 delitos de roubo en interior de vivendas. O valor dos efectos recuperados supera os 600.000 euros.
O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº2 de Huesca dirixe a investigación e decretou o ingreso en prisión provisional de catro dos detidos, quedando o resto en liberdade con cargos. A operación foi levada a cabo pola Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil en Huesca, quen elaborou unha reportaxe fotográfica de xoias e efectos recuperados:
Publicidade
Se algunha persoa vítima dalgún roubo recoñece algún dos obxectos e sente identificado como lexítimo propietario, pode solicitar información de como proceder poñéndose en contacto cos investigadores a través do correo electrónico:hu-cmd-huesca-pjpatrimonio@guardiacivil.org
Para máis información poden poñerse en contacto coa oficina de prensa da Garda Civil en Huesca ao teléfono 680 441 007.
Comments