Estes dous cidadáns romaneses, veciños de Lugo, facíanse pasar por colaboradores de entidades benéficas e recaudaban uns 1.500 euros mensuais
Ecos da Comarca/Palas de Rei
A Garda Civil detivo a dous cidadáns romaneses, veciños de Lugo, como presuntos autores dos delitos de falsidade documental, estafa, intrusismo e coaccións por pedir insistentemente diñeiro e intimidar a peregrinos no Camiño de Santiago facéndose pasar por colaboradores de entidades benéficas.
Os feitos ocurriron o pasado martes nun tramo do Camiño de Santiago, concretamente na parroquia de Carballal, en Palas de Rei, cando un grupo de peregrinos alertou á Benemérita. Foron os axentes da Oficina Móvil de Atención al Peregrino (OMAP) os que localizaron aos dous individuos, de 19 e 36 anos, e unha vez confirmados os feitos, levaron a cabo a súa detención. De feito, ao longo dos últimos meses, houbo más chamadas alertando á Garda Civil da presenza destas persoas.
Distribuíanse por grupos reducidos de dous ou tres membros e aparecían en zonas de difícil acceso para evitar a presenza dos axentes. Adoitaban portar documentos e prendas de roupa con logos de coñecidas entidades de beneficiencia e segundo a Benemérita, cada membro da organización gañaba 1.500 euros mensuais.
Oito investigados
Coas últimas detencións, son oito as persoas investigadas na operación que ten aberta a Oficina de Atención al Peregrino. Os detidos pasaron a disposición xudicial.
Cabe mencionar que no pasado mes de agosto detivéronse a outras persoas polos mesmos feitos no Camiño ao seu paso polo municipio de Arzúa.
Toda información sobre esta nova no enlace:
Comments