Ecos da Comarca/Xeral
O Equipo Roca da Garda Civil de Santiago de Compostela en colaboración co Posto da Garda Civil de Ordes detivo a dous homes como presuntos autores de dous delitos de roubo con intimidación (1 en grao de tentativa) e 1 delito de violación de morada.
Os feitos ocorreron por mor da comunicación enviada polos operadores da Central Operativa de Servizo (COS) da Comandancia da Garda Civil da Coruña o pasado día 5 de xaneiro, informando do acceso non autorizado de dúas persoas encapuchadas a unha vivenda da localidade de Sigüeiro, as cales ao ser sorprendidas polo propietario fuxiron do lugar mentres o ameazaban coa exhibición dun obxecto punzante.

Posteriormente realizaron unha segunda comunicación alertando de que dúas persoas, tras achegarse a unha parella que se atopaba realizando unha operación nun caixeiro automático da localidade, logrando subtraerlle o efectivo que portaban na carteira, tras ameazalos cunha arma branca de grandes dimensións e o uso de gran violencia verbal.
Ao pouco intre, comunicouse que un vendedor ambulante cuxo posto estaba situado á entrada da mesma localidade, fora sorprendido por dous individuos, os cales tentaron, tras ameazalo cunha arma branca de grandes dimensións, subtraerlle a recadación, non logrando o seu propósito ao ser auxiliado o vendedor polos transeúntes que se atopaban na zona, emprendendo os mozos a fuxida do lugar.
Publicidade
Estes 3 feitos causaron gran alarma social, debido á violencia empregada mediante a exhibición dunha arma branca de grandes dimensións. A Garda Civil iniciou dispositivo ao obxecto de lograr a localización dos presuntos autores dos ilícitos, os cales, polos indicios e a información achegada polas vítimas e testemuñas, indicaban que poderían ter a mesma autoría. No trascurso do mesmo, os efectivos actuantes localizaron a dous mozos que coincidían coas descricións dadas, atopábanse golpeando con gran violencia as máquinas dun establecemento de Vending.
A Garda Civil procedeu á detención destas persoas como presuntos autores de 2 delitos de roubo con intimidación (1 en grao de tentativa) e 1 delito de violación de morada
Comments