top of page

Detido un veciño de Agolada como presunto autor dun incendio dun coche nesta localidade

O suceso ocorreu esta madrugada e o vehículo calcinouse por completo


Ecos da Comarca/Agolada

O vehículo afectado.

Na madrugada deste mércores orixinouse un incendio nun vehículo en Agolada que quedou completamente calcinado. Este estaba estacionado na Avenida Iryda. Un veciño desta localidade, foi detido por presuntamente ser o autor do lume.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Tal e como informa o 112 Galicia foi un particular o que deu aviso sobre ás dúas da mañá. Mobilizouse aos Bombeiros de Deza, ao GES de Lalín, á Garda Civil e a Protección Civil de Agolada. "Sobre as tres da mañá os bombeiros indicáronos que o vehículo ardera por completo e que non había persoas afectadas", sinala o 112 Galicia.


Está detida unha persoa como presunto autor do lume, tal e como confirmou a Oficina Periférica de Comunicación (OPC) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra. Trátase dun veciño da propia localidade. "Prendéronlle lume despois de romperlle as ventás cunha maza", lamenta o afectado.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page