top of page

Detido un pintor de Arzúa como presunto autor de catro delitos de furto de xoias e diñeiro

Ecos da Comarca/Arzúa

Efectivos da Garda Civil de Sanxenxo, procederon nas últimas horas á detención dun veciño de Arzúa de 37 anos, con antecedentes policiais por feitos similares, como presunto autor de catro delitos de furto de xoias e diñeiro en varios inmobles das localidades do Grove e Sanxenxo.

Nas denuncias formuladas polos prexudicados, o detido era contratado nas devanditas vivendas para realizar traballos de pintura no seu interior. Aproveitando a ausencia dos seus moradores, este dedicábase a buscar polas estancias das mesmas, apoderándose das xoias e diñeiro que atopaba ao seu paso.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Cando os propietarios revisaban os seus xoieiros, notaban que lles faltaban xoias e nalgún caso incluso diñeiro das huchas dos seus fillos. As pescudas realizadas polo Equipo de Investigación de Sanxenxo permitiron determinar que o sospeitoso aproveitaba os momentos nos que se atopaba só no interior das vivendas para subtraer pezas de xoiería de pequeno tamaño e alto valor, dificultando así que as vítimas advertisen de inmediato a súa desaparición.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A liña de investigación conseguiu identificar ao presunto autor do feito, o denominador común era que estivera traballando como asalariado en todas as vivendas asaltadas e que o mesmo realizaría a venda de gran parte das xoias subtraídas en tendas de compra de ouro en Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela e Sanxenxo cun valor superior aos 9.500 euros. Recuperáronse algunhas e o resto foron recoñecidas polos seus propietarios grazas a a documentación obrante en poder do establecemento e rexistros policiais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

As dilixencias instruídas foron remitidas ao Tribunal de Instancia Sección Civil e de Instrución Praza de garda de Cambados, onde deberá comparecer o presunto autor dos feitos cando sexa citado para iso.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page