top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Detido en Melide como presunto autor dun delito de violencia doméstica, de ameazas e de resistencia e desobediencia grave aos axentes da Autoridade

Ecos da Comarca/Melide

A Garda Civil do Posto de Arzúa detivo a un home como presunto autor dun delito de violencia doméstica, outro de ameazas e un terceiro de resistencia e desobediencia grave aos axentes da Autoridade. Os feitos ocorreron tras recibir unha patrulla desa Unidade o aviso da Central Operativa de Servizo (COS) comunicando a existencia dun posible episodio de violencia doméstica na localidade de Melide.


Publicidade

Inmediatamente os efectivos actuantes desprazáronse ao lugar indicado, achando á súa chegada a un home totalmente alterado agredindo a un familiar, ameazando con agredir aos moradores cunha arma branca, así como provocando desfeitas no interior do domicilio.


Os gardas civís actuantes indicáronlle reiteradamente que depuxese a súa actitude, negándose o detido a seguir as instrucións en todas as ocasións. No transcurso da actuación esta persoa diríxese a un dos caixóns da cociña no que se atopaban entre outros aveños varios coitelos, momento en que un dos efectivos actuantes abalánzase sobre el para impedir que collese algún deles e cumprise as súas ameazas.


Publicidade

A Garda Civil procedeu á detención deste home como presunto autor dun delito de violencia doméstica, outro de ameazas e un terceiro de resistencia e desobediencia grave aos axentes da Autoridade.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page