
Detidas catro persoas por tráfico de drogas en Silleda e A Estrada
Ao longo deste mércores tiveron lugar varios rexistros nestes municipios
Ecos da Comarca/Silleda
A Policía Nacional e Garda Civil detiveron hoxe nas comarcas de Deza-Tabeirós a catro persoas relacionadas co tráfico de drogas. Fixeron varios rexistros en A Bandeira (Silleda) e na Estrada.
A operación conxunta da Políca Nacional e da Garda Civil saldouse de momento coa detención de catro persoas detidas e acusadas de tráfico de drogas. Tres son de nacionalidade española e a cuarta, estranxeira.
Ademais das detencións, levaronse a cabo varios rexistros durante todo o día, coma nun taller de compraventa na Bandeira (Silleda) ou nunha vivenda na parroquia estradense de Matalobos. Finalmente, os axentes incautaron 300 gramos de cocaína, 7.500 euros en metálicos, armas de fogo e vehículos de alta gama.
