top of page

Detida unha trama acusada de estafar case 1,6 millóns de euros por internet

Ecos da Comarca/Xeral

A Garda Civil detivo a unha rede criminal especializada en ciberestafas empresariais co método “man in the middle” e sentimentais coa modalidade “estafa do amor” ou “romance scam”. O importe económico estafado tanto a particulares como empresas ascende a case 1,6 millóns de euros.


En total foron detidas 15 persoas acusadas de cometer máis de medio centenar de estafas a vítimas de todo o territorio nacional. A primeira estafa que permitiu dar inicio á investigación tivo lugar en 2023 tras unha denuncia formulada ante a Garda Civil en Cáceres na que unha muller manifestaba ser vítima dunha estafa amorosa de máis de 100.000 euros.

Na súa denuncia, a muller relataba que fora contactada por un suposto oficial do exército norteamericano, o cal se gañou a súa confianza emocional, mantendo unha falsa relación sentimental durante case dous anos nos que realizaba transferencia ao seu estafador.


A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil en Cáceres asumiu a investigación, na que descubriron a existencia dunha organización criminal cuxos integrantes realizaban diferentes tarefas e tipos de estafas. Os investigados interceptaban correos electrónicos entre empresas, previa infección dos seus equipos informáticos, para poder acometer un ciber ataque denominado “man in the middle”, co que lograban desviar o diñeiro de facturas que estas empresas pagaban a outras polos seus servizos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tamén se puido constatar que a organización empregaba ataques informáticos mediante smishing e vishing, tanto a empresas como a particulares, e que empregaban identidades usurpadas a vítimas, algunhas das cales non sabían que estaban a ser estafadas, unhas por ser empresas que crían facer correctamente un pago empresarial e outras, persoas físicas que se atopaban na fase de captación emocional dunha estafa amorosa.


Desta maneira, os investigadores puxeron o foco de atención no descubrimento do emprego masivo de identidades usurpadas ás vítimas, as cales sufriron unha revictimización ao utilizar os ciberdelincuentes a súa identidade para cometer outras estafas a nivel nacional.


A día de hoxe, algunhas das vítimas continúan pagando o préstamo bancario que solicitaron e cuxo importe entregaron aos estafadores, o que reflicte o forte vínculo emocional que chegaron a desenvolver con eles.


A pesar da complexidade da investigación, os gardas civís puideron obter probas acerca da suposta implicación dos autores da denuncia inicial noutros feitos labores en localidades de varias provincias españolas como Madrid, Barcelona, Conca, Lugo, Sevilla, Cádiz, Murcia, Castelló, Teruel, A Rioxa, Álava, Pontevedra, Alacante, Valencia, As Palmas, Tenerife e Valladolid. Lográronse esclarecer un total de 56 feitos delituosos a nivel nacional.


Dous anos de investigación en tres fases

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil en Cáceres precisou para o desmantelamento total do grupo organizado dous anos de investigación con tres fases de execución. Leváronse a cabo 15 rexistros domiciliarios nas localidades de Valencia, Burjassot ou Paiporta (Valencia), Milladoiro (A Coruña), Zaragoza, Xetafe, Madrid capital, Fuenlabrada, Torrexón de Ardoz ou Móstoles (Madrid), Barcelona capital e Cornellá de Llobregat (Barcelona). Durante os rexistros interviñéronse gran cantidade de documentación bancaria de entidades afincadas no estranxeiro, 52 teléfonos móbiles, 20 dispositivos de almacenamento, 18 computadores portátiles, 13 tablets e seis wallets de criptoactivos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así mesmo foron localizados dispositivos desde os que conectaban coas vítimas para levar a cabo a manipulación sentimental e o posterior saqueo económico. O importe económico estafado, tanto a particulares como a empresas, ascende a 1.581.667 euros. O desenmascaramiento do armazón delincuencial evitou numerosas estafas que durante o transcurso da investigación estaban a levarse a cabo, coa posibilidade do rescate dos fondos defraudados. Só a unha das vítimas de “romance scam” chegáranlle a estafar un total de 117.200 euros.


Detención dos integrantes da organización

A organización cibercriminal, cuxos integrantes cambiaban continuamente de domicilio para dificultar a súa localización policial, estaba composta por 15 persoas, todas detidas por delitos de estafa, usurpación de estado civil, branqueo de capitais e pertenza a organización criminal. A un dos detidos constábanlle, ademais, numerosos antecedentes policiais por estafas, así como varias requisitorias xudiciais de procura e detención emitidas por Xulgados de distintas provincias.


As dilixencias xudiciais foron levadas a cabo pola titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 2 de Cáceres quen decretou o ingreso en prisión para once deles, así como a retirada do pasaporte e a obrigación de comparecer en sede xudicial cada semana.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page