Ecos da Comarca/Lalín
Esta madrugada roubaron en ao menos catro negocios do casco urbano de Lalín e tamén se rexistraron destrozos nas entradas doutros locais, aos que non conseguiron entrar.
Estes establecementos están situados no entorno da Praza da Igrexa e da Rúa Luís González Taboada (a Carnicería Varela, unha perruquería e unha herboristería) e na Rúa Pintor Laxeiro (outra perruquería). Nalgúns casos empregaron a sombrilla dun local de hostalaría do arredor como ferramenta para romper a porta e acceder ao interior e en ao menos nun destes negocios foi captado o movemento dunha persoa de madrugada polas cámaras de seguridade. Sobre todo, leváronse moedas de cambio.
Despois do mediodía, a Oficina Periférica de Comunicación (OPC) da Comandancia de Pontevedra confirmou a este medio que eles de momento, só tiñan constancia de ao menos dous roubos e que de momento, non había denuncias. Sen embargo, a media tarde un dos afectados informounos que acababa de ir a interpoñer denuncia e adiantounos que xa fora detida unha persoa e que a Garda Civil continua coa investigación.
Os afectados piden máis vixilancia, sobre todo nocturna.
Comentarios