Ecos da Comarca/Comarca de Arzúa
A pasada semana rexistráronse novos vertidos a ríos nas comarcas, tal e como informan fontes oficiais. Neste caso foron detectados na comarca de Arzúa, en concreto nos municipios de Arzúa e O Pino.
Así o pasado mércores foi localizado un no concello de Arzúa. "Esta vez foi localizado pola mañá por un pescador no rego de Carracedo á altura da Fonte Santa entre as parroquias de Brandeso e Lema. O vertido estaba composto de abundante escuma branca e polo que nos comentan, por fortuna non se observou mortaldade de peixes", sinalan.
Publicidade
"Dende o colectivo de axentes ambientais, nos transmiten que as alertas de vertido que se comunican ao 112 non son trasladadas a estes traballadores da Administración que teñen funcións especificas de policía administrativa e de policía xudicial xenérica na protección do patrimonio natural galego. As/os axentes ambientais, ven de vital importancia que a Xunta os inclúa nas alertas do 112 e que os dote dos medios necesarios para atender estas emerxencias ambientais, porque a maioría das veces as/os axentes, poden ser os medios humanos máis achegados aos vertidos, e ao non contar con eles, pérdese en moitos casos, como no vertido este en Arzúa, a posibilidade de coller as probas necesarias que determinen a autoría dos mesmos", subliñan.
Publicidade
Mentres, o pasado venres detectaron outro no rego de Xermil, en Arca (O Pino).
Comments