Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Deteñen nun control en Silleda a un mozo de 21 anos polo suposto asasinato dun home en Vigo

Ecos da Comarca/Silleda

A Policía Nacional e a Garda Civil investigan a morte dun home duns 70 anos que apareceu apuñalado na súa vivenda en Vigo despois de incerceptar durante un control en Silleda ao presunto autor que levaba no seu vehículo a documentación da vítima.


O vehículo, no que circulaban varias persoas, foi parado nun control na AP-53 no municipio de Silleda. Foi detido un mozo de 21 anos por usurpación de identidade e como presunto autor de homicidio porque lle entregou aos axentes a documentación que pertencía a un home, veciño de Vigo. Ademais, no vehículo levaban varias compras realizadas coa tarxeta desa persoa.


Todo isto sucedeu sobre ás sete da tarde deste martes. E inmediatamente, os axentes deron aviso á Policía Nacional e a Policía Local de Vigo que se dirixiron ao domicilio desta persoa. Tras abrirlles a porta uns familiares alí o atoparon falecido con signos de violencia.


Esta é a información que trascendeu polo momento porque tal e como informa a Garda Civil a investigación continúa aberta.

Foto de arquivo.