O suceso tivo lugar nunha xornada de caza en Riotorto e foi detido en Ribadeo
Ecos da Comarca/Melide
A Garda Civil detivo a un melidense que agrediu supostamente a outro home e o ameazouno cunha escopeta cando estaban de caza no municipio lucense de Riotorto.
En concreto, os feitos tiveron lugar o pasado 4 de novembro. Tras presentar denuncia a vítima, axentes da Garda Civil detiveron ao presunto agresor, duns 60 anos, en Ribadeo.
O detido está acusado dun suposto delito de ameazas con arma de fogo e outro de lesións, e pasou a disposición xudicial. Ademais, intervíronlle tres armas de fogo, en concreto escopetas.
Comments