top of page

Despregue en Silleda de 4G e 5G e autorización para seguir extendendo a fibra óptica no territorio

As operadoras de telefonía móbil comezan a ofrecer en silleda servizos de nova xeración nas bandas de 700 e 800 Mhz

Laura Moure/Silleda

As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange anunciaron a pasada semana que nos vindeiros días realizarán en Silleda o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 y 700 MHz, respectivamente, o que permitirá á veciñanza silledense disfrutar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios así como maior

extensión xeográfica.

ree

Este despliegue enmárcase no establecido no Real Decreto 579/2019, de 11 de outubro, a partir do cal se procedeu á liberación das frecuencias entre 694 y 790 MHz (canales 49 al 60 de UHF), que ata entón se se empregaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre (TDT), proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital.


A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de nova xeración. As zonas afectadas poden comprobarse na web de Llega 700 ( no enlace https://www.llega700.es/contacto_mapa.php)


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

Para xestionar estes servizos, tamén se puxo a disposición da cidadanía o teléfono de atención gratuito 900 833 999) e a web www.llega700.es 


Esta nova rede móvil traerá á cidadanía melloras significativas tanto na veolicdade de descarga, como de envío de datos (fotos, música ou contados audiovisuais de alta definición) ou permitir sacar o máximo partido a aplicación on-line, coma os videoxogos.


A nova xeración tamén facilita a introducción de novos servizos na área empresarial, como aplicación en movilidade con alto contido multimedia, ou o uso da videochamada entre outros.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Máis fibra no territorio silledense

Por outra banda, a alcaldesa, Paula Fernández, emitiu a pasada semana ata 10 decretos para autorizar a Telefónica S.A.U. o uso do dominio público para continuar co despregue de fibra óptica para o acceso a Internet en máis puntos do territorio. Así estas novas dotacións foron solicitadas polas compañías en Siador, Silleda, Xestoso, Dornelas, Negreiros, Cortegada, Andamollo (Manduas); e Martixe. A vindeira semana está previsto emitir autorización para Carboeiro e Escuadro.


“Queremos chegar a cubrir o 100% do noso con fibra óptica. Se queremos fixar poboación en Silleda é necesario que cheguen todos os servizos dixitais a todas as parroquias”, sinala a alcaldesa.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page