Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes
O helicóptero do 061 tivo que desprazarse este mércores a Sobrado dos Monxes debido a un accidente de tráfico. O 112 Galicia foi alertado ás 13:23 horas.

"Tratouse dunha saída de vía na que o vehículo impactou contra un poste", informa o 112 Galicia. En concreto, o accidente ocorreu no lugar de As Cruces á altura do número 3, na estrada que vai de Cumbraos a Sobrado, tal e como explica o 112 Galicia.
"Indicáronos que a persoa non estaba atrapada, pero solicitaron o desprazamento do helicóptero, aínda que non temos confirmación de se finalmente, a persoa ferida foi evacuada no mesmo", puntualiza o 112 Galicia.
Ademais do helicóptero, o 112 tamén mobilizou a unha ambulancia do 061, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Curtis.
Comments