IsmaelRS/Arzúa
A 13ª xornada de liga na Terceira División RFEF Grupo 1 entre o C.S.D. Arzúa e o R.C. Deportivo Fabril xogouse onte pola tarde no campo Municipal do viso, e rematou 2-1.
C.S.D. Arzúa - R.C. Deportivo Fabril (2-1)
Tras ser suspendido o anterior encontro do equipo arzuán, o C.S.D Arzúa remata o encontro desta xornada cunha vitoria, a cal lle dá tres novos puntos. O equipo arzuá adiantouse na marcador grazas ao gol de José J. Bertúa Fontenla (12'). Na segunda parte o equipo visitante levaría o empate ao marcador grazas a un gol de Victor Manuel Castaño Terrazas (75´), pero este resultado só duraría trece minutos, grazas ao tanto de Iñaki Leonardo Gómez (88´). E con este resultado pecharíase o encontro.
CLASIFICACIÓN
Con este resultado, o C.S.D. Arzúa segue na décima posición da táboa.
PRÓXIMO ENCONTRO
Na 14ª xornada, o C.S.D. Arzúa xoga contra o S.D. Sofán, dito partido terá lugar no campo municipal de Sofán - O Carral (Carballo), o domingo 5 de decembro.
Comments