top of page

"Despois de case dous anos sen acordarse de Rodeiro, Luís López asómase para mentir e insultar"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Lamentamos que todos os esforzos que o PP de Rodeiro se empreguen para desgastar ao futuro alcalde de Rodeiro, Alberte Lamazares, máis alá de xestionar os recursos locais", asegura Unidade por Rodeiro



Ecos da Comarca/Rodeiro

"Despois de case dous anos sen acordarse de Rodeiro, Luís López asómase para mentir e insultar", afirma así de rotundo Unidade por Rodeiro. "Lamentamos que todos os esforzos que o PP de Rodeiro se empreguen para desgastar ao futuro alcalde de Rodeiro, Alberte Lamazares, máis alá de xestionar os recursos locais", asegura.

Alberte Lamazares.

Lamazares recalca que "o goberno ten a Rodeiro de orzamentos con axudas do ministerio paralizadas, as asociacións culturais e deportivas sen axudas o ano 22, tampouco se entregaron axudas ao transporte, sen axudas a natalidade, plan concellos sen executar... Son moitos os exemplos que demostran que, o que aconteceu co expediente dos 800.000 euros case é un tema menos dentro amplio abano de neglixencias administrativas".


Pero, incide en que, "máis alá de que o PP de Rodeiro sinalara a María Simón como responsable do fallido expediente de modificación de crédito 6/ 2022 hoxe tamén asumen que non os van dar executado antes das eleccións municipais. Isto é sinónimo de incompetencia. Dende UxR consideramos que, o lóxico sería financiar estes proxectos con dúas liñas de axudas públicas".


Por un lado, sinala, "o Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra que outorga a Rodeiro 546.000 euros para os que remata o prazo de solicitude o día 1 de febreiro e non sería sorpresa para ninguén que fixesen mal a solicitude da mesma. Outra vía sería que Luís López non prometa inversións electoralistas e poña sobre a mesa a mesma inversión que anunciou para o concello de Arbo, de máis de 300.000 euros".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Coa suma destas iniciativas, recalca, "acumulan fondos suficientes para financiar e executar eses proxectos polo que, cando o partido popular sae a insultar e a tildar de boicotear dende a oposición a un goberno con maioría absoluta e hipocrisía política. Con esta idea deixamos claro que hai unha alternativa de xestión municipal, que o remanente sigue estando nas contas municipais e que se se quere investir contan co apoio de Unidade por Rodeiro sempre e cando sexan proxectos cofinanciados e que melloren ou amplíen servizos como podería ser o impulso dun centro de día, participar no desenrolo do solo industrial da Devesa, desenrolo de solo urbanístico a través dunha modificación do PXOM ou a compra de patrimonio local como pode ser a Tulla de Fafián".


Unidade por Rodeiro brinda este apoio "xa que somos coñecedores de que o goberno a día de hoxe está en minoría con cinco concelleiros e sen expectativas de que ninguén da candidatura popular queira incorporarse porque senten vergoña do proxecto político que hoxe representan".


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page