top of page

Despois de 21 días, atopan a Heiko, o can perdido en Monterroso

Laura Moure/A Ulloa

Despois de 21 días, a familia de Heiko pode respirar e brindar porque despois de todo a angustia e desesperación, o seu can Heiko foi localizado! Escapou o pasado día 28 de xullo de A Moreira (Monterroso) e foi localizado onte, domingo, na zona de Vilance, en Monterroso.

Heiko xa de volta na casa.

Tal e como indican fontes cercanas estaba no medio dunha finca de millo e debía de levar alí tres días. "Avisounos un home que pasou co coche por alí e que o viu meterse nunha finca de millo e había alí xusto un cartel e xa nos chamou. Tiven que darlle a volta a toda a leira chamando por el... e o final saíu moi despaciño cara a min aínda un pouco desconfiado, ata que chegou xusto ao meu lado, e así xa se puxo moi contento! Xa na casa ducha e súper ben... un pouco máis desconfiado con calquera ruído extraño", indica a súa dona. Sinala que só ten unha pequena ferida nun lado, pero moi limpia e case curada.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

"O dos carteis que fomos poñendo por onde nos daban pistas funcionou moi ben e tamén é certo que había moita xente que o sabía polas redes sociais. Moitas gracias a todos pola implicación", engade.


Dende ECOS DA COMARCA alegrámonos moito!


NOTICIA RELACIONADA:

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page