Laura Moure/Silleda
Despois de case 31 anos de traballo no departamento de Servizos Sociais do Concello de Silleda, onde exerceu como Administrativa, María Méijome Vázquez, recibiu unha calurosa despedida das compañeiras e compañeiros, con motivo da súa xubilación. Veciña de Bermés, en Lalín, María é un dos rostros máis coñecidos do departamento nas últimas tres décadas. As compañeiras do departamento organizaron unha pequena despedida por sorpresa no Salón de Plenos, onde no faltou a proxección de fotografías antigas cas que se repasou a súa traxectoria na Administración Local, onde comezou a traballar en outubro de 1990.
O alcalde, Manuel Cuiña e a concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño, agradeceron en nome da institución o seu bo facer durante todos estos anos e desexáronlle unha feliz nota etapa.
Mellora de camiños
Noutra orde de cousas, as máquinas da Mancomunidade Terras de Deza iniciaron en días pasados o seu turno no termo municipal de Silleda, con distintos traballos en Taboada e Vilar. A día de hoxe as máquinas atópanse realizando a mellora dun camiño, ao que se dota de zahorra, na parroquia de Ponte.
Nos vindeiros días tamén se trasladarán a outras parroquias do municipio a fin de continuar mellorando distintas infraestruturas viarias. O concelleiro de Obras, Antonio Ferro Losada, achegouse ata o lugar para supervisar os traballos.
Comments