top of page
Foto del escritorLaura Moure

"Desde o ano 2010 son 70 as mulleres asasinadas en Galicia", lamentou Azos Feministas hoxe en Lalín

"Na loita contra os feminicidos seguimos agardando a que o mundo institucional deixe de darnos as costas", sinalou durante a concentración polo crime de Ana Vanessa Serén


Laura Moure/Lalín

A concentración de onte en Lalín. Fonte: Azos Feministas.

Por desgraza a lacra machista continúa e segue acabando coa vida das mulleres. Ana Vanessa Serén foi asasinada este sábado en Oia (Pontevedra) pola súa exparella, un garda civil do cuartel de Baiona, que se suicidou coa mesma arma despois de fuxir ao monte. O suceso tivo lugar ás portas do camping do Muíño, no que traballaba a vítima e tras a súa xornada laboral. Ela xa denunciara e o asasino tiña unha orde de alexamento dela e a retirada da arma reglamentaria. Onte, luns, gardouse un minuto de silencio en distintos lugares e tamén se celebraron varias concentración en repulsa. Entre estas, unha tivo lugar en Lalín, convocada por Azos Feministas.


Foi no KM 0 e este foi o manifesto que leu o colectivo:

Lembramos que o 016 é o teléfono ao que debes chamar se eres vítima da violencia de xénero.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page